O Concello

Departamentos

* PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 13/01/2017

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE CULTURA EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais: 
 

Familia profesional:
-  Administración e xestión:

  • Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
  • Actividades de xestión administrativa
-  Agraria:
  • Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
  • Aproveitamentos forestais
  • Actividades de floraría
  • Produción de sementes e plantas en viveiro
-  Comercio e marketing:
  • Actividades de venda
  • Organización e xestión de almacéns
  • Actividades de xestión do pequeo comercio
  • Xestión comercial inmobiliaria
-  Edificación e obra civil:
  • Fábricas de albanelería
  • Armaduras pasivas para formigón
  • Cubricións inclinadas
  • Encofrados
  • Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
  • Pavimentos e albanelería de urbanización
  • Revestimentos con pastas e morteiros en construción
  • Colocación de pedra natural
  • Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
  • Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
  • Pintura decorativa en construción
  • Revestimentos con pezas ríxidas por adherencias en construción
-  Electricidade e electrónica:
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  • Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
  • Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
-  Fabricación mecánica:
  • Mecanizado por arranque de labra
  • Soldadura
  • Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
  • Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
-  Hostalería e turismo:
  • Cociña
  • Repostaría
  • Pastelaría e confeitaría
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Servizos de restaurante
  • Recepción
  • Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
-  Imaxe persoal:
  • Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
  • Coidados estéticos de mans e pés
  • Peiteado
-  Industrias alimentarias:
  • Repostaría
  • Panadería e bolaría
  • Pastelaría e confeitaría
-  Informática e comunicacións:
  • Sistemas microinformáticos
  • Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
  • Operación de redes departamentais
  • Operación de sistemas informáticos
-  Instalación e mantemento:
  • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
  • Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
  • Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
-  Madeira, moble e cortiza:
  • Traballos de carpintaría e moble
  • Mecanización de madeira e derivados
  • Acabamento de carpintaría e moble
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  • Instalación de mobles
  • Instalación de elementos de carpintaría
-  Química:
  • Operacións básicas en planta química
  • Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares
  • Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química
  • Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
  • Ensaios físicos e fisicoquímicos
  • Análise química
-  Sanidade:
  • Transporte sanitario
  • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
  • Farmacia
-  Servizos socioculturais e á comunidade:
  • Educación infantil
-  Transporte e mantemento de vehículos:
  • Pintura de vehículos
  • Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
  • Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
  • Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
  • Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
 Requisitos: 
  • Nacionalidade española, atoparse incluído como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
·       Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
·       Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. 
·       Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.
·       Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III,nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
·       Non estar matriculado/a e/ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición. Nin estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia
  
Prazo: Dende o 12 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos

Importante:
é obrigatorio emprega-la aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso.   


ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0164-281216-0003_gl.pdf

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/acreditacion

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746  margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal