Co cofinanciamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria o Concello de Camariñas remata neste mes de novembro as actividades destiñadas ao mercado municipal.
No edificio realizaronse as limpezas e melloras na cuberta, colocación de encimeras de granito e reparacións en instalacións e carpintería exterior. Limpezas e pintura de fachadas.
Para as praceiras e praceiros realizarónse visitas e formación individualizada na última semana de novembro sobre atencións ao cliente, técnicas de venda e visual merchandising.