O Concello

Departamentos

* PLAN INTEGRAL DE EMPREGO “VIR FLUVIUS” DOS CONCELLOS DE VIMIANZO E CAMARIÑAS. UNHA OPORTUNIDADE DE INSERCIÓN LABORAL 29/11/2016

PLAN INTEGRAL DE EMPREGO “VIR FLUVIUS” DOS CONCELLOS DE VIMIANZO E CAMARIÑAS. UNHA OPORTUNIDADE DE INSERCIÓN LABORAL

O Concello de Vimianzo e Camariñas están levando a cabo o Plan Integrado para o Emprego denominado” Vir Fluvius” que durará ata setembro de 2017. É un programa que persegue mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral proporcionarlles recursos e ferramentas ás persoas desempregadas accións combinadas de información, orientación, sesións de coach, formación e inserción laboral.

Este plan está subvencionado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Consellería de Emprego, Economía e IndustriaEste programa iniciouse coa selección de 60 participantes entre as persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego de Cee e con enderezo nos concellos promotores e participaran nas accións previstas neste plan. O PIE ten como obxectivo insertar laboralmente ao 35% das persoas participantes.

Ata setembro de 2017 o Plan Integrado organizará diferentes accións e actividades adaptadas  ás necesidades e expectativas laborais das persoas participantes así como da oferta de emprego e oportunidades de autoemprego do contorno. Entre as accións previstas haberá relacionadas coa adquisición de competencias persoais, profeisonais e empresariais así como artellar acordos de prácticas en empresas que apoie as estratexias de inserción laboral establecidas coas persoas participantes.

Máis información nas axencias de desenvolvemento local dos Concellos de Vimianzo e Camariñas e na oficina de coordinación do Plan Integral de Emprego Vir Fluvius pie2016@vimianzo.gal Tfn. 981716001 Ext 1223.
Coordinadores Daniel Gomez e Marcos Alejandro Muiños


© by Abertal