O Concello de Camariñas ven de executar tres proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos ás instalacións de iluminación pública exterior nas parroquias de Ponte do Porto e Xaviña. Concretamente foron executadas nos lugares de a Grixa, que tamén incluíu a rúa Porto, no lugar das Barrosas e a rúa Nova de Xaviña que tamén incluiu Trasteiro, Agramar, Covadiña e parte do Cruceiro e a Gándara.
Estas obras foron promovidas polo Concello de Camariñas e incluíse no"Programa de Desarrollo Rural 2014-2020 Medida 7 Servicios Básicos y renovación de la población en las zonas rurales"
Foi cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020 e baixo o emblema "Feader: Europa inviste no rural". Tamén foi cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta de Galicia.