O Concello

Departamentos

* ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE CAMARIÑAS 03/11/2016

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren  Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita  estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

O concello de Camariñas está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.

Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades.

A continuación axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

A elaboración da estratexia ambiental do municipio ten como principais obxectivos os seguintes:

-Reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e adoptar as medidas de adaptación necesarias co fin de reducir a vulnerabilidade aos riscos climáticos.

-Sensibilizar á poboación e fomentala súa participación na loita contra o cambio climático.

-Implicar ao goberno local na tarefa, transversalizando a problemática do cambio climático en tódalas políticas do concello.

-Protexer e recuperar hábitats e sistemas naturais e deter a perda da biodiversidade.

-Acadar metas ambientais:
oGarantir un aire, auga e solo limpo e saudable.
oXestionar de xeito responsable os recursos naturais e os residuos.
oProtexer a natureza e a biodiversidade, un valor único que se debe potenciar.
oEnfoque común de: equilibrio territorial e mobilidade.
oLimitar na medida do posible a influencia do cambio climático

Enquisa


© by Abertal