O Concello

Departamentos

* Programa Galeuropa 26/10/2016

Programa Galeuropa

21 xovenes da Costa da Morte realizan prácticas laborais no Reino Unido eItalia ao través do programa Galeuropa.

21 mozos e mozas desenvolven as súas prácticas laborais en Londres e en Borgo Val diTaro dentro do programa Galeuropa que promoven, por segundo ano consecutivo, osconcellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas cofinanciamento da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social e aInicia3va Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Tres concellos participan este anoen Galeuropa: Vila de Cruces, Negreira e Camariñas, este último en representación deGaleuropa - Costa da Morte. Os dous últimos viaxaron xuntos a Londres.

 Gracias ao Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa, estes xóvenesrealizan prácticas laborais non remuneradas de máis de 100 horas ao mes enempresas vinculadas á súa formación académica ou a súa experiencia laboral. Durante2 meses reforzarán as súas competencias profesionais e lingüísticas, incrementando assúas posibilidades de inserción laboral e o coñecemento do inglés ou do italiano. Osparticipantes teñen entre 19 e 29 anos e unha formación que vai desde o Ciclo Mediode Formación Profesional ata o Grado ou Master Universitario. O programa cubre tantoos custos da viaxe ao destino da práctica, o aloxamento e a manutención.
 En Londres, dezaseis persoas realizan as súas prácticas como técnico audiovisual,traballadoras sociais, persoal administrativo, ensinante de español, técnica delaboratorio, enxeñeira, deseñador de páxinas web, arquitecta, técnica de confección etécnica de acuicultura. As empresas adáptanse aos candidatos e teñen en conta o seucurrículo e nivel de inglés para asignar os postos. A flexibilidade do programa permitiuque tres persoas cambiaran a empresas máis axeitadas ás súas expectativas ecapacidades. Segundo Emilio González, Axente de Desenvolvemento Local do Concellode Camariñas que acompañou a varios candidatos á súa primeira visita ás empresas, “asatisfacción co programa é xeneralizada, ata o punto de que varios dos par3cipantescontan con quedar en Londres cando rematen a práctica”.
 Os aloxamentos atópanse na zona de Lewisham, preto do barrio de Greenwich.Residen por parellas en vivendas con familias acostumadas a aloxar a mozos e mozasde todo o mundo, o que lles permite a práctica do inglés e o contacto coa diversidadecultural da capital británica. Para os desprazamentos aos seus postos de traballocontan cunha tarxeta de transporte financiada polo programa.
 As cinco persoas en prácticas en Borgo Val di Taro, un municipio italiano de 7.000habitantes situado a 60 km da cidade de Parma e socio do Concello de Camariñas enanteriores programas europeos, alóxanse nunha fermosa casa situada nun tranquilobarrio residencial a un paso do centro da capital municipal. Dúas delas están demestras en escolas infancs, hai unha enfermeira nun centro da terceira idade, untécnico en mantemento informático e unha psicóloga que forma parte do equipocomarcal de atención social. O persoal do concello de Borgotaro ten con eles un tratomoi próximo, imparcndolles ademais un curso de italiano e organizándolles actividadesculturais.
Praza de Insuela nº 57, 15123-Camariñas. www.camarinas


© by Abertal