CONCURSO DE VÍDEORECEITAS: AS ARTES DOS PEIXES E DOS MARISCOS DE CAMARIÑAS 26/08/2016
CONCURSO DE VÍDEORECEITAS: AS ARTES DOS PEIXES E DOS MARISCOS DE CAMARIÑAS
CONCURSO DE VÍDEORECEITAS: AS ARTES DOS PEIXES E DOS MARISCOS DE CAMARIÑAS.(A CORUÑA) Prazo ata o 30 de setembro
O Concello de Camariñas coa cofinanciación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia organiza este concurso de videreceitas cos obxectivos de incentivar o emprego da lingua galega na internet e nas redes socias e divulgar a cociña tradicional e o patrimonio culinario das comunidades mariñeiras.
O prazo para concursar e votar as videreceitas rematará o 30 de setembro. Poderán concursar persoas maiores e menores de idade con autorización do titor/a. Haberá un premio para a videreceita máis votada polo público composto por un diploma, unha bolsa de agasallos e un cheque de 100€ para mercar no comercio local. A canle do concurso será http://goo.gl/Rk8qYs
Para concursar deberáse remitir a solicitud co enlace de Youtube da videoreceita ou tamén enviando o video orixinal ao correo adl@camarinas.net.
Os videos deberán cumprir os requisitos seguintes:
- Empregarase a lingua galega
- Iniciarse coa frase: Vídeoreceita para o concurso As artes dos peixes e dos mariscos de Camariñas presentado por (nome e apelidos ou sobrenome da persoa concursante)
- No vídeo deberá incluirse, como mínimo, a seguinte información: Ingredientes da receita, duración, dificultade, peixe/marisco protagonista e proceso de elaboración.
- Pode engadirse os comentarios e observacións que se desexen.
- Debe pecharse o vídeo cunha despedida.
Os datos que deberá enviarse como solicitude xunto co video concursante serán:
- Nome e apelidos
- O alias co que desexas participar (opcional)
- Teléfono de contacto
- Nome da receita
- Nome do peixe ou marisco protagonista da mesma
- Enlace ao vídeo (ou arquivo do vídeo se desexas que sexamos nos quen o subamos á nosa canle de YouTube)
- No caso de ser menor de idade debe xuntarse no correo o documento de autorización para concursar asinado polo titor/a (O modelo pode atoparse no anexo I das bases do concurso)
Máis información.
Axencia de desenvolvemento local de Camariñas.
adl@camarinas.net T. 981737004
Praza de Insuela S/N 15123 Camariñas
Descargas relacionadas