O Concello

Departamentos

* DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE. Aberto o prazo ata o 19 de agosto 02/08/2016

DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE. Aberto o prazo ata o 19 de agosto

Ata o 19 de agosto a mocidade entre 14 e 17 anos dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo, poderán inscribirse neste programa que facilita á mocidade os seus primeiros contactos co tecido empresarial do territorio.  Este programa ten 30 prazas para rapaces e rapazas destes concellos que recibiran unha beca de 48€. Entre finais de agosto e mediados de setembro participaran en:

-       Estadías nas empresas dos concellos participantes de 5 dias e 5 horas ao dia.
-       Visitas guiadas a boas prácticas empresariais na zona. O grupo de participantes realizaran 3 visitas organizadas en autobus que facilitará a organización do programa.
-       Ademais recibiran formación sociolaboral nuns obradoiros de 6 horas de duracion. 

Máis de 20 empresas destes concellos colaboran neste programa: comercios, industrias, servizos, hostaleria…As solicitudes da mocidade interesada debe rexistrarse en calquera dos concellos participantes coa documentación que se establece.

Máis informacion: https://onosofuturo.wordpress.com/acerca-de/esquema/

Descargas relacionadas


© by Abertal