Ata o 9 de agosto poden inscribirse a mocidade interesada en realizar as mobilidades do programa Galeuropa Costa da Morte organizado polos concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas . Xa están publicadas as bases para a presentación de solicitudes e normas de selección dos e das participantes.
Galeuropa é un programa subvencionado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo no que poderán participar 25 mozos e mozas de 18 a 29 anos na realización de prácticas laboráis non remunerada de 2 meses e 7 días en empresas relacionadas coa súa formación e experiencia laboral de Italia, Portugal e Reino Unido. Os gastos viaxe, aloxamento e estancia na cidade das prácticas correrán a cargo do programa. Ademáis contará con 30 horas certificadas de apoio lingüístico.
As solicitudes deben realizarse na ficha de inscrición, acompañada da documentación que se establece nas bases. Debe rexistrarse en calquera dos Rexistros municipais dos concellos participantes ata o 9 de agosto de 2016.
Máis información :
https://onosofuturo.wordpress.com/galeuropa-costa-da-morte/informacion-do-proxecto/
onosofuturo@camarinas.net ou nos Concellos participantes
· CONCELLO DE CAMARIÑAS . Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981737004
· CONCELLO DE MAZARICOS. Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 867 104
· CONCELLO DE CARNOTA. Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 857 032
· CONCELLO DE MUXIA. Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 742 001
· T. CONCELLO DE DUMBRIA. Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 744 001
· CONCELLO DE VIMIANZO. Departamento de Promoción Económica – Tfno 981 716 001
· CONCELLO DE ZAS. Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 708 303