O Concello

Departamentos

* I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MAZARICOS 20/07/2016

I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MAZARICOS

O sábado 30 de xullo, temos previsto organizar a I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos.

Nas probas poderán participar rapaces/zas nacidos entre os anos 1999 e 2012.

CATEGORÍASDISTANCIASHORA SAÍDA
Benxamín (2007- 2008)1.000 m18´45
Alevín (2005-2006)1.000 m18´45
Infantil (2003-2004)3.000 m19´15
Cadete (2001-2002)3.000 m19´15
Xuvenil (1999-2000)3.000 m19´15
Pitufos (2010-2012)300 m20´00

A inscrición será gratuíta para estas categorías, e a data límite será o martes 26 de xullo.(Ou ata mércores 27 de maio a través de www.championchipnorte.com)

As categorías base (dende pitufos ata xuvenís) poderán facer a inscrición de dúas maneiras:

1.A través de www.championchipnorte.com: introducindo os datos persoais do atleta. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com.

2.Presentando a autorización paterna (que aparece na parte dereita desta folla) debidamente cuberta e asinada, no Departamento de Deportes do Concello de Mazaricos.

Os atletas inscritos deberán recoller o seu dorsal e CHIP dende as 17´30h ata media hora antes da súa carreira na Praza da Picota. A categoría PITUFOS solo levará dorsal (non chip).

Premios: En categoría pitufo levarán medalla todos/as os/as participantes. Nas categorías benxamín e alevín, levarán medalla todos os participantes, e subirán ao podio os/as tres primeiros/as de cada unha destas categorías. Nas categorías infantil, cadete e xuvenil levarán medalla os/as tres primeiros/as participantes de cada categoría.

Descargas relacionadas


© by Abertal