O Concello

Departamentos

* Os nenos dos obradoiros municipais representan a procesión do Carme 15/07/2016

Os nenos dos obradoiros municipais representan a procesión do Carme

Os nenos que participan estos días nos obradoiros que organiza o Concello de Camariñasdurante o verán representarán mañán venres a procesión da Virxe do Carmen, ante ocomezo das festas da patrona dos mariñeiros. Os participantes da escola de velaescenificarán a procesión marítima, e sairán a navegar cos barcos engalanados igual quese fai o día grande do Carme, que é o sábado 16 de xullo.

Pola súa banda, os 132 nenos que participan esta semana no obradoiro multideportivo doConcello de Camariñas representarán, no paseo marítimo do porto a partires das 11 damañá, a danza de arcos da mesma forma que se fai nos festexos locais. A actuación serána zona do peirao, no mesmo lugar onde o sábado, día grande das festas, terá lugar oespectáculo para honrar a patrona dos mariñeiros.

O obradoiro adícase cada día da semana a un tema diferente, e co motivo das festas doCarme decídese que o último día teña lugar a representación da procesión marítima quelle dá sona a esta localidad mariñeira. O mesmo que acontece o día do Carme, agárdaseun grande espectáculo no lugar.

As festas do Carme de Camariñas comezan mañá venres co pregón e rematarán o luns18. Durante catro días daranse cita na localidade as mellores orquestas dentro do ámbitonacional, entre as que destacan a Panorama, París de Noia ou o Combo Dominicano,entre outras.


© by Abertal