A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral da Función Pública, vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de xullo pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ó ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Ademais da actualización definitiva de méritos indícase a puntuación total correspondente ós / ás integrantes das listas.
As listas entrarán en vigor a partir o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
As listas atópanse a disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.gal na epígrafe Función Pública
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160707/AnuncioCA01-010716-0004_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 70 04 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00