Pasos a seguir para a renovación da TPC (Tarxeta Profesional da Construción) 12/07/2016
Pasos a seguir para a renovación da TPC (Tarxeta Profesional da Construción)
Debido a unha modificación no contido do V Convenio General del Sector de la Construcción respecto da regulación da Tarxeta Profesional da Construción (TPC) eliminouse a disposición transitoria terceira que suspendía a caducidade da TPC. Por mor disto, o artigo 187 do dito convenio volve entrar en vigor e a tarxeta caducará ós cinco años da súa emisión.
Os usuarios / as da tarxeta que a teñan caducada poden solicitar a súa renovación durante o que resta do ano 2016.
A solicitude de renovación rexerase polo mesmo procedemento que a solicitude inicial.
Débese acreditar, polo menos, 30 días de alta en empresas encadradas no ámbito de aplicación do Convenio General do Sector da Construción no período de cinco anos inmediatamente anterior á solicitude de renovación (a partir do 1 de xaneiro de 2017, tanto para solicitar como para renovar a TPC hai que acreditar, polo menos, 30 días de alta no período de tres anos).
Para realizar a renovación, debe asistir ó lugar de tramitación da tarxeta coa seguinte documentación:
- Impreso de solicitude de renovación
- Unha fotografía recente de tamaño carné.
- Unha fotocopia do DNI/ NIE.
- Informe de vida laboral emitido pola Tesorería General de la Seguridad Social dentro dos noventa días inmediatamente anteriores á data da solicitude, e, alomenos, un dos seguintes documentos:
- Certificado de empresa para a Fundación Laboral de la Construcción, expedido de acordo co modo que figura no Anexo VI do vixente Convenio do Sector da Construción.
- Certificado de empresa para o Servizo Público de Emprego.
- Orixinal ou fotocopia compulsada dos recibos de salarios.
- Orixinal ou fotocopia compulsada do contrato de trabajo.
- Diplomas dos cursos realizados relacionados co sector (documentación non obrigatoria).
Horarios da Fundación Laboral de la Construcción de Arteixo
Ata o 31 de agosto: Luns a venres 8:00 – 15:00
A partir do 1 de setembro: Luns a xoves 8:00 – 19:00
Venres: 8:00 – 15:00
Máis información:
http://www.trabajoenconstruccion.com/RenovacionTPC.html
Impreso de solicitud de renovación:
http://www.trabajoenconstruccion.com/resources/descargas/00002457archivodescarga.pdf Fundación Laboral de la Construcción
Polígono de Sabón, Avda. da Praia. Parcela 131-A
15142 - Arteixo (Coruña)
Telf: 981 647 077 / Fax: 981 641 438
Mail:
arteixo.galicia@fundacionlaboral.org OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00
Descargas relacionadas