O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugarescollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegadado verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas.
O evento, ao que se convida a tódolos veciños que desexen asistir, ofrecerá unha recreación “dosritos cos que os nosos ancestros celebraban as colleitas, o sol e a auga” segundo describe un dosseus protagonistas, Bernardino Martínez. O tratarse do día mais longo e a noite mais curta,“tratábase de axudar ao sol” a voltar a renacer, coa realización dunha serie de actos.
Este e outros ritos celebraban a relación dos humanos coa natureza. Así, este luns, e dende as 22:30 horas, un espectáculo de Dequenquen Teatro, organizado polo concello e dentro da redecultural da Deputación, coa presenza de sete actores camariñáns, será o que volte a celebrar achegada dun novo verán dende o alto do Monte Farelo, na Virxe do Monte, en Camariñas tal ecomo facían os nosos antergos.
* Interesados en ampliar información: Bernardino Martinez, 659 26 96 15