O Concello

Departamentos

* Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 16/06/2016

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de xuño de 2016, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Cega 2, Celga 3 e Celga 4.
 
Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.  

Solicitudes:
Dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dspoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal , que permite cubrir e editar a solicitude.

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa.
De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.  

Prazo de presentación: 30 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Asignación de prazas:
Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z)  

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).  

Os cursos máis próximos a Camariñas son:  
-  Carballo. Preparatorio Celga 4
-  Cee. Preparatorio Celga 2
-  Vimianzo. Preparatorio Celga 2  


ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160616/AnuncioG0164-080616-0004_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN
:
http://www.lingua.gal

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00     


© by Abertal