O Concello

Departamentos

* ABRESE ATA O 29 DE XUÑO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE 2016. 09/06/2016

ABRESE ATA O 29 DE XUÑO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE 2016.

O Concello de Camariñas xunto cos Concellos de Mazaricos, Muxía e Vimianzo solicitaron á Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia unha nova edición do programa Deseñando o teu futuro na Costa da Morte que xa realizouse no verán de 2015.

Ata o 29 de xuño queda aberta a pre-inscrición de mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos participantes. Ata 30 persoas poderan realizar as actividades previstas para agosto e primeira quincena de setembro de 2016. Recibirán 48€ en concepto de beca si completan tódo o programa que se compoñe de:

-          Estadias- prácticas en empresas colaboradoras,de 5 días e 5 horas cada día
-          3 Visitas guiadas a empresas innovadoras e significativas da Costa da Morte
-          Formación sociolaboral de orientación e apoio á inserción e eleccións laborais

Este programadas pretende aproximar a realidade socio-laboral e empresarial dos concellos a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faga máis doada a transición entre escola e traballo.

As persoas interesadas poden contactar coas axencias de desenvolvemento local dos Concellos. En Camariñas. Praza de Insuela S/N Casa de Pedra 981737004 Máis información: https://onosofuturo.wordpress.com e onosofuturo@camarinas.net


Descargas relacionadas


© by Abertal