2ª LIMPEZA NA ENSEADA DA BASA, XAVIÑA, CAMARIÑAS
De novo, o vento e as ondas do mar, na súa dinámica incansable, téñen amoreado, neste último ano, unha chea de lixo plástico no fondo da ría de Camariñas.
O mar sempre devolve aquelo que non é seu.
A asociación Mar de Fábula xunto coa Agrupación de Mariscadoras de Camariñas e contando co respaldo loxístico do Concello, fan un chamamento a todas as persoas dispostas a colaborar na recollida e retirada do lixo mariño espallado ao longo da enseada da Basa, Camariñas.
Por segundo ano consecutivo, o colectivo de mariscadoras de Camariñas, nun exercicio de responsabilidade e de posta en valor dos recursos naturais da zona, toman a iniciativa de coidar tamén polos aspectos estéticos e paisaxísticos do seu eido de traballo, mellorando desta maneira a calidade ambiental de todo o fondo da ría , reforzando a súa imaxe de compromiso coa defensa do medioambiente e incorporando un valor engadido ao resultado do seu esforzo cotián.
Manter saneado e limpo o patrimonio natural é condición imprescindible para manter en pé o edificio da cultura e autoestima dun país.
Día e hora da convocatoria : Sábado, 11 xuño, ás 10:00 horas.
Lugar de encontro: Aparcadoiro bar-parrillada “O Rojo”, Xaviña (a 5 kms da saída da Ponte do Porto dirección Camariñas).
Recoméndase levar botas de auga.
Tempo aprox. da limpeza: 2 horas.
Tlfno. contacto 608609042