O Concello

Departamentos

* O CONCELLO DE MUXÍA E O CONCELLO DE CAMARIÑAS, ORGANIZAN A I TRAVESÍA A NADO CAMARIÑAS-MUXÍA 06/06/2016

O CONCELLO DE MUXÍA E O CONCELLO DE CAMARIÑAS, ORGANIZAN A I TRAVESÍA A NADO CAMARIÑAS-MUXÍA

O concello de Muxía e o Concello de Camariñas, organizadores da I TRAVESÍA A NADO CAMARIÑAS-MUXÍA, informan da apertura do prazo de inscrición para participar na aventura de cruzar a nado a ría que separa a Vila da Barca da Vila de San Surxo.

Esta competición, de carácter popular, destinada a persoas nadas no ano 1999 ou anteriores, celebrarase o 2 de xullo de 2016, e os nadadores e nadadoras sairán do Club Náutico de Camariñas as 17:00 horas, para enfrentarse a 2500 metros en liña recta de augas abertas hata chegar a Praia do Lago de Muxía.

O custo da inscrición será de 10€ máis o aluguer do chip, e a totalidade do recadado será destinado a axudar aos refuxiados e refuxiadas de Lesbos. Pódese formalizar na plataforma www.championchipnorte.com ata o 28 de xullo e o número máximo de prazas é de 100.

Neste evento deportivo contase coa colaboración de ONG AIRES, CONSERVAS BOYA, FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN, CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS, E CATAVENTOS ESCOLA DE VELA, así como coas agrupacións de PROTECCIÓN CIVIL DE CAMARIÑAS E MUXÍA.

Descargas relacionadas


© by Abertal