O Concello

Departamentos

* Prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17 28/04/2016

Prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL na  ORDE do 18 de abril de 2016 convoca prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

En Lugo--Centro Residencial Xuvenil LUG--74 home/muller
Ourense--Florentino López Cuevillas--55 home/muller
Vigo--Altamar--91 home/muller

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral. Así mesmo, resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

Requisitos xerais, para todas as persoas solicitantes:
– Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016. 3.2.

Requisitos específicos para as/os estudantes:  
– Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios e superiores en ensinanzas artísticas.  
– Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.

Requisitos específicos para a mocidade traballadora:
– Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
– No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.  
– No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Lugar de presentación da solicitude. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación da solicitude. O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente orde.

mais información:  
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160427/AnuncioG0425-190416-0001_gl.pdf

Ou chamando a Casa de Pedra o 981737004 (preguntar por Ali Trillo ,educadora dos servizos sociais)


© by Abertal