A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 19 de abril de 2016 a orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
Anúncianse nesta orde as seguintes convocatorias coas súas correspondentes bases:
– Convocatoria do procedemento selectivo para acceso ao corpo de inspectores de Educación.
– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.
– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional.
– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres.
Prazo de presentación de solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da no Diario Oficial de Galicia.
ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160419/AnuncioG0164-070416-0001_gl.pdf
ENLACE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA VER AS PRAZAS CONVOCADAS:
http://camarinas.net/web/noticia.php?id_noticia=815&id_seccionweb=181