O Concello

Departamentos

* ANDAINA CEE 19/04/2016

ANDAINA CEE

As Andainas denominadas Coñece a Costa da Morte, continuarán o sábado día 30 de Abril en CEE.

AS ANDAINAS SÓ SERÁN SUSPENDIDAS NO CASO DE QUE SEXA DECRETADA A ALERTA LARANXA POLAS AUTORIDADES COMPETENTES E PODERASE MODIFICAR O PERCORRIDO SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO O CONCELLO ORGANIZADOR.

Se naciches no ano 2009 ou anteriores e queres participar ti e/OU a túa familia na segunda andaina ou en todas, só tedes que entregar o recortable desta carta nas conserxerías dos colexios de primaria e na do IES en función de onde estudes. Tamén chamando ao Concello 981-736000 (preguntar por Fran, o Coordenador de Deportes) ou no email: fran.puga@camarinas.net e incluso aos monitores das actividades deportivas municipais.

2ª ANDAINA: ROTEIRO DA MEIGHA LIREA Percorrido circular de 11 km aproximadamente. Paisaxe chea de fragas e cantís bañados pola bravura do mar da Costa da Morte.

Haberá buses para trasladarse a CEE sempre e cando haxa inscrit@s 15 persoas mínimo.  

RECOMENDACIÓNS:
Levar calzado adecuado e no caso que non repela a auga, levar outro para cambiarse, roupa cómoda que protexa da auga, tamén roupara para cabiarse e unha mochila con auga e algo para comer.

@S MENORES DE 16 ANOS DEBEN DE IR ACOMPAÑAD@S DUN ADULTO OBRIGATORIAMENTE.

Agardamos a vosa participación, un saúdo.

Descargas relacionadas


© by Abertal