O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns.O Concello de Camariñas colabora neste esforzo de achegar a información e as facilidades á doazón.
Precisamos a implicación de todos e todas para acadar as 500 doazóns de sangue diarias que precisan os nosos hospitais.
Con este obxectivo, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia(CTG) estará o 14 e 15 de abril no Concello de Camariñas.
Os lugares e datas son os seguintes:
Xoves 14 de abril: 16:30-21:00 Camariñas (no acceso á lonxa vella).
Venres 15 de abril: 16:30-18:30 Camelle (preto da lonxa) e 19:00-21:00 Ponte do Porto (preto do centro de saúde).