O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 04/04/2016

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 31 de marzo unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.

Categorías:   
 

- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía e médico/ade familia 

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e da orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es 
  
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
 
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.  

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160331/AnuncioG0003-230316-0002_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal