En conmemoración do día do libro infantil e xuvenil o Concello de Camariñas presenta “As tres raíñas magas” da compañía Teatro de marionetas Trécola.
Será este venres día 1 de abril ás 17:10 na Biblioteca Municipal.
Trátase dun espectáculo gratuíto de 45 minutos que achega a poesía dun xeito sorprendente e divertido a un público especialmente infantil.
O espectáculo forma parte do programa Ler conta moito e está subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
As tres Raíñas Magas collen a iniciativa, este ano irán elas a Belén. Seguen a estrela de Oriente ata o portal nunha viaxe chea de xogos e risas, dando valor á amizade e fomentando a boa convivencia e o humor ante os momentos difíciles.
Un contacontos representado por marionetas de fío, bonecos planos e técnica de sombras que non te podes perder.
Ademáis a biblioteca municipal participa, como cada ano, con GÁLIX na difusión do cartel e ilustración que este ano elaborou a sección brasileira de IBBY cuxo texto é de Luciana Sandroni e a ilustración de Ziraldo.