A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 26 de febreiro de 2016 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.
Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2015 e o número de inscritos / as en cada lista resólvese:
- Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.
- Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo II- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que están abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anexo III)
- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo IV)
Listas que se abren (Anexo II)
- Persoal funcionario:
· Escala de biólogos
- Persoal laboral:
· Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
· Mestre/a especialista en educación infantil
· Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén
· Subgobernante/a
· Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial /a 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar
· Oficial/a 2ª agrario/a
Listas abertas (Anexo III):
- Persoal funcionario:
· Escala de inspección urbanística
· Escala de arquitectos
· Escala de enxeñeiros/as industriais
· Escala de veterinarios
· Escala de biólogos/as
· Escala superior de finanzas
· Escala de profesores numerarios.
Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica.
· Escala de profesores numerarios. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
· Escala de profesores numerarios. Especialidade en comunicacións
· Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios
· Escala técnica de finanzas
· Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas
· Escala de mestres de taller. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
- Persoal laboral:
· Titulado /a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a
· ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE
· Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.
· Mestre/a especialista e educación infantil
· Intendente. Encargado/ade establecemento. Encargado/a de almacén
· Oficial/a 1ª cociña, oficial/a 1ª cociñeiro / a, xefa/a de cociña, cociñeiro/a 1ª.
· Oficial/a servizos técnicos, oficial/a 1ª mantemento, oficial/a 1ª oficios varios, oficial/a de primeira
· Subgobernante/a
· Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial/a 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática
. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.
· Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico / a, auxiliar de enfermería, coidador / a xeriátrico, coidador / a
· Oficial/a 2ª cociña, cociñeiro / a oficial/a 2ª
· Oficial/a 2ª agrario/a
Requisitos:
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160226/AnuncioCA01-220216-0001_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00