O Concello

Departamentos

* CONCURSO DE CORTOS REALIZADOS CO MÓBIL A IGUALDADE:MISSIÓN POSSIBLE 22/03/2011

CONCURSO DE CORTOS REALIZADOS CO MÓBIL A IGUALDADE:MISSIÓN POSSIBLE

A Área de Igualdade do Concello de Camariñas convoca o Concurso de Curtametraxes realizados co teléfono móbil, con arreglo á seguintes bases.  

PERSOAS PARTICIPANTES.


1º.-
Poderán participar o alumnado de 2º curso da ESO e o alumnado de PCPI do I.E.S Pedra da Águía. Poderán concursar en grupos de máximo de tres persoas.

2º.
- As/os participantes indicarán os seus datos persoais no formulario establecido ao efecto. As persoas participantes que sexan menores de idade, deberán entregar co formulario unha autorización asinada dos representantes legais.  A cada solicitude se lle adscribirá un número de rexistro.

3º.
-Declararán aceptar o  tratamento dos datos persoais necesarios para a xestión do concurso.

REQUISITOS DAS OBRAS

4º.
-As curtametraxes presentadas só poderán estar gravadas coa cámara dun teléfono móbil, PDA ou cámara fotográfica dixital, podendo logo, si se desexa, editarse con ferramentas externas. A súa vez, deberán titular a curtametraxe presentada a concurso.

5º.
- Os curtos  serán orixinais, cunha duración máxima de 2 minutos, incluídos os títulos de crédito si os houbera, e gravados na máxima resolución e calidade posibles, cun tamaño máximo de 10 megas.
o formato pode ser 3GP, 3GPP, MP4, MPG, SMV, FLV, SWF, AVI, MOV, MKV.
Cada grupo pode presentar un máximo de 2 curtos.


Tema: A igualdade de Oportunidades entre mulleres é homes.

6º.
- A organización do concurso  reservase o  dereito de excluír todas aquelas obras onde o  contido sexa obsceno, violento, sexista, racista ou vulnere algún dereito fundamental da persoa.

7º.
-As persoas concursantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros polo uso de pezas musicais nas obras presentadas, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe das persoas que aparezan en elas, eximindo a organización de calquera tipo de responsabilidade. No caso de que se utilice unha pista de audio coa gravación dun son que sexa propiedade dunha compañía discográfica sen o seu permiso, é posible que, por motivos legais, a reprodución do corto na web sexa sen son.

8º.
-As persoas autoras das obras ceden ao concurso os dereitos de explotación destas, consistentes na reprodución, comunicación e distribución pública das mesmas, os cales se exercitarán sempre co recoñecemento da súa condición de autor/a, excepto manifestación en contra.    

INSCRICIÓN.

9º.
- O prazo de inscrición comeza o día 10 de marzo de 2011 e finaliza o 15 de marzo de 2011. As bases e a ficha de inscrición estarán publicadas na páxina web do concello e no blog da biblioteca do I.E.S.

PREMIOS

10º.-
Establécense os seguintes premios: Premio ao mellor corto:  vales de 50€ para mercar en calquera establecemento do concello, excepto alcohol e tabaco(elixido polo xurado)
Premio do público: vales de 50€ para mercar en calquera establecemento do concello, excepto alcohol e tabaco (elixido polo público)


11º.-
Os premios no poderán ser acumulativos. Si o premio do público coincide na curtametraxe  galardoada polo xurado, será o seguinte corto en orden de votación o que obteña o premio.

12º.-
O xurado do concurso, designado ao efecto, estará composto por un mínimo de cinco persoas, representantes do Concello de Camariñas, do I.E.S Pedra da Águía e de entidades colaboradoras.

13º.-
Os premios poden quedar desertos se o xurado así o decide. O fallo do xurado será inapelable.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

14º.-
A Organización seleccionará, entre as obras recibidas, aquelas que pasarán a fase de concurso, atendendo a criterios de adaptación a temática requirida, calidade, condiciones técnicas e cumprimento das normas das bases.

15º.-
As obras seleccionadas nesta primeira fase difundiranse a través da web do concello www.camarinas.net e no blog da biblioteca do I.E.S Pedra da Águía pedradaaguia.blogspot.com, establecéndose nun sistema de votación para determinar o Premio do Público.

16º.-
As curtametraxes premiadas publicaranse na web do concello e no blog da biblioteca do I.E.S  unha vez que o xurado emita o seu fallo.

17º.-
A  Organización reservase o dereito de modificar estas bases en caso necesario. Así mesmo, non se fai responsable da mala ou ningunha recepción dos materiais.


18º.- A participación neste concurso supón a aceptación plena das súas bases.

Descargas relacionadas


© by Abertal