O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 1 de marzo de 2016 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de técnico/a superior en radioterapia.
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ó da súa publicación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160301/AnuncioG0003-240216-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00