O Concello

Departamentos

* Escola Infantil de Camariñas, para o curso 2016/2017. 26/02/2016

Escola Infantil de Camariñas, para o curso 2016/2017.

O 24 de febreiro, publicouse no DOG a Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas Escolas Infantís 0-3 dependentes desta entidade, entre as que se conta a Escola Infantil de Camariñas, para o curso 2016/2017.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto para as de renovación de praza como para as de novo ingreso, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da dita resolución, sendo o mesmo do 25/02/2016 ó 23/03/2016 ambos incluidos.

Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio:

• Que a/o nena/o estea nada no momento da presentación da solicitude.
• Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
• Que non teña cumprido os tres anos de idade ó 31 de decembro de 2016.

As persoas interesadas en matricular o/a seu/súa fillo/a na Escola Infantil de Camariñas poderán presentar a documentación requirida n
a propia escola:                        

Escola Infantil de Camariñas                        
Av/ Eugenio López, 36                            
15123   Camariñas  A Coruña 
Teléfono: 981736104

O formulario normalizado está tamén dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http://www.igualdadebenestar.org 

Para máis información non dubiden en achegarse ata este centro.


© by Abertal