Requisitos:
- Ser maior de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista da Seguridade Social.
- Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais non compensados.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
- Reunir os requisitos establecidos, na data en que remate o prazo de presentación da solicitude.
- Os/as cónxuxes non terán que cumprir o requisito da idade.
- Poderán participar os/as fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando non necesiten apoio de 3ª persoa, se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitores e, cumpran os requisitos citados excepto o da idade.
Documentación:
- Os Anexos I, II e III
- A copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante vaia acompañado do/a fillo/a con discapacidade e, de non autorizar a súa consulta.
- DNIs e certificado de empadroamento colectivo do solicitante, cónxuxe ou acompañante e, do/a fillo/a con discapacidade, se é o caso e, de non autorizar as súas consultas.
- Copias da declaración da renda do ano 2014 ou, de non facela, o certificado de imputación da renda e, o certificado de toda clase de pensións percibidas ou declaración responsable de non percibilas do solicitante, cónxuxe ou acompañante, e só no caso de que non se autorice a súa consulta
Prazo e lugar de solicitudes: as solicitudes achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, así como, opcionalmente en soporte papel. O prazo remata o 7 de marzo de 2016, poderán informarse nas dependencias de Servizos Sociais e igualdade do Concello.