O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL ANO 2016 11/02/2016

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL ANO 2016

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Requisitos:
-  Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2016 

Prazo de inscrición:
- Do 4 ao 15 de abril de 2016 (inclusive)  

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior


Requisitos:
-  Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2016 

Prazo de inscrición:
- Do 15 ao 26 de febreiro (inclusive) 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160211/AnuncioG0164-030216-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA EDUCADORA FAMILIAR
CASA DE PEDRA    981 737004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal