O Concello

Departamentos

* Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2016 11/02/2016

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2016

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de febreiro o procedemento para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2016 nas seguintes especialidades:

-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente. - Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

TAXAS DE EXAME:
38,37 €

PRAZO:
-  Convocatoria ordinaria: Do 15 ó 26 de febreiro de 2016
-  Convocatoria extraordinaria: Do 1 ó 13 de xullo de 2016


© by Abertal