O Concello

Departamentos

* Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos 11/02/2016

Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

A Consellería de Política Social establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2016.  

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2-1-2013 e o 1-1-2016, inclusive) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.  

Contía: cando sexa a primeira filla/o: 360 €; cando sexa a segunda filla/o: 1200 €; cando sexa a terceira filla/o e sucesivos: 2.400 €.

Requisitos
-          Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
-          Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.  

Documentación:
-          A Solicitude no modelo oficial que figura como Anexo I, poderá achegalo en soporte papel cuberto e asinado pola persoa solicitante, xunto coa documentación necesaria ou, por vía electrónica no enderezo da  sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos, (será necesaria unha copia dixitalizada da documentación que solicitan, de ser o caso).

-          O Anexo II, cuberto e asinado polo outro proxenitor (parella ou cónxuxe do solicitante).
-          Copia do todas as follas do libro de familia, para os efectos de acreditar a data de nacemento e a orde que ocupa o fillo ou filla.
-          Número da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
-          Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e, do convenio regulador ratificado polo xulgado, se é o caso.
-          O volante de empadroamento colectivo, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-          Copia dos DNIs dos proxenitores, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-          As copias das declaracións da renda do ano 2014 dos dous proxenitores, só no caso de non autorizar a súa consulta.  

Prazo: 7 de marzo de 2016.

Para máis información nos Servizos Sociais ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.

Descargas relacionadas


© by Abertal