O Concello

Departamentos

* SOLICITUDES DE ACTUACIÓNS DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DO ANO 2011 21/03/2011

SOLICITUDES DE ACTUACIÓNS DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DO ANO 2011

As asociacións que estean interesadas  en solicitar unha actuación de música e teatro non profesionais dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña poden facelo desde o 21 de marzo ata 9 de abril do 2011 ámbolos dous incluídos.

Poderán solicitar actuacións dos grupos incluídos no XXVII Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais todas aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.

A guía na que figuran tódolos grupos e formacións inscritas na “Rede Cultural” pode consultarse no enderezo de internet, www.dicoruna.es.  

Na web da Deputación tamén está dispoñible o impreso A2 : modelo de solicitudes para entidades.

Lembrámoslles que antes de realizar as solicitudes deberán contactar co grupo ou intérprete para concretar as condicións da actuación, dado que aquelas que non teñen a súa conformidade non serán tidas en conta.  

Se necesitan máis información poden dirixirse ao Servizo de Cultura – Biblioteca, telf. 981737234.


© by Abertal