O Concello

Departamentos

* CAMARIÑAS PROMOCIONA A CALIDADE DOS SEUS PRODUTOS NO SALON GASTRONOMICO INTERNACIONAL XANTAR DE OURENSE 02/02/2016

CAMARIÑAS PROMOCIONA A CALIDADE DOS SEUS PRODUTOS NO SALON GASTRONOMICO INTERNACIONAL XANTAR DE OURENSE

O Concello de Camariñas (A Coruña) participará no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro en Ourense dentro do estánd da Deputación da Coruña e nas aulas gastronómicas de Xantar.

Os produtos de Camariñas presentaranse baixo un eslogan e imaxe común do Concello de Camariñas: Camariñas o mar todo. De saberes, mar de sabores y de sabores, mar de saberes. Estes carteis e folletos inclúen códigos Qr desde onde descargarse o directorio da hostalería e restauración de Camariñas e un recetario confeccionado en colaboración coa Rede de Turismo de Camariñas e a Confraría de Pescadores.

Boa mostra do bo facer, dos saberes tradicionais e dos sabores únicos son as conservas elaboradas por Industrias Cerdeimar  (www.cerdeimar.com) que poderán ser degustadas neste Salón e que, ademais, estarán presentes na Aula Gastronómica de Xantar o sábado e domingo de 12:30 A 13:30h.

No espazo de Camariñas do estand da Deputación da Coruña, ademais das conservas de Cerdeimar, estarán tamén presentes as delicatesen de Pescados Pedreira (www.pescadospedreira.com) empresa de Arou que elabora de xeito artesán un exquisito caviar de ourizo e outras conservas que poderán ser degustadas polos visitantes.

Tamén presenta  os seus orixinais Ovos de Pascua Silvina Muñoz, a empresaria e creadora da repostería Artesanía en postres Silvina Muñoz, situada na parroquia de Xaviña (https://www.facebook.com/amencerandino) que nestes días está a lanzar unha nova liña de ALFAJORES artesáns con sabores moi novidosos no que se empregan algas.


© by Abertal