O Concello

Departamentos

* PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS 28/01/2016

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Requisitos das persoas aspirantes:

- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Os/as aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderán matricularse tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os/as aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de febreiro ó 3 de marzo de 2016

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160128/AnuncioG0164-210116-0002_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net 
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00


© by Abertal