O Concello

Departamentos

* Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación 27/01/2016

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

A  Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 27 de xaneiro unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.  

Destinatarios / as:
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición  

Número de prazas:
180

Duración:
12 semanas (190 horas lectivas)

Modalidade:
teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT  

Datas de realización: dentro do primeiro trimestre do ano 2016

Inscrición:
na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.es Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Prazo:
5 días naturais a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. Do 28 de xaneiro ó 1 de febreiro (ata as 14:00 horas)
 
Taxa: As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa.

Resolución do DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160127/AnuncioG0177-210116-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:

https://cemit.xunta.es/  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA  981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal