 O Concello de Camariñas publica as actividades de entroido            	22/01/2016
            	O Concello de Camariñas publica as actividades de entroido            	22/01/2016
             
	
								                    Os tardes de entroido, de sábado a luns, haberá festas na Ponte do  Porto, en Camelle, en Xaviña e en Camariñas. Contaremos con moita  animación e música, inchables, obradoiros de globoflexia, e nalgúns  casos karaoke ou fotomatóns. Cabe destacar que a festa en Xaviña faise  en colaboración ca Asociación Abrindo Rejo onde, coma todos os anos,  terán orellas, filloas, chocolate e rifarán o seu tradicional porquiño.
As  tardes do entroido teremos unha exibición do grupo de baile "Ponte a  bailar". Será tamén en todas as parroquias, nas que máis de 50 bruxos e  bruxas encherán as rúas de maxia, música e malabarismos.
O  martes de entroido, día festivo, repartiremos máis de 1000 euros en  premios no concurso de minicomparsas e comparsas. Animamos a toda a  poboación a participar e axudamos con 5 euros por compoñente a cada  comparsa que se presente. Podedes apuntarvos e ver as bases do concurso  na biblioteca municipal.O concurso realizarase pola tarde e  no pavillón municipal de Camariñas. Será unha gran festa na que  contaremos con moita animación, hinchables, palomitas e algodón de  azúcar.
O colofón final terémolo o sábado  seguinte ao entroido. Todo parece indicar que a nosa amiga a Sardiña  falecerá despois de tanta enchenta no entroido. Os seus amigos e  familiares rogan unha presencia multitudinaria ao seu funeral. O  velatorio será as 18:30 na Casa de Pedra. Agradécese vir de luto e  chorar moito. Dende alí, o séquito sairá hacia a Praza do Mercado onde  será o funeral e inhumación da querida sardiña. A música acompañaranos  na marcha e ao final haberá unha gran chocolatada para cumplir cas  últimas vontades da finada.
Agardamos que pasedes un bo entroido.