PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 13/01/2016
PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE CULTURA EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado 8 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:
Familia profesional:
- Administración e xestión:
- Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
- Actividades de xestión administrativa
-
Agraria:- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
- Aproveitamentos forestais
- Actividades de floraría
- Produción de sementes e plantas en viveiro
-
Edificación e obra civil:- Fábricas de albanelería
- Cubricións inclinadas
- Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
- Pavimentos e albanelería de urbanización
- Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
- Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
- Pintura decorativa en construción
- Revestimentos con pastas e morteiros en construción
- Revestimentos con pezas ríxidas por adherencias en construción
-
Electricidade e electrónica:- Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
- Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
- Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
- Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
- Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
- Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
-
Fabricación mecánica:- Mecanizado por arranque de labra
- Soldadura
- Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
-
Hostalería e turismo:- Cociña
- Repostaría
- Pastelaría e confeitaría
- Servizos de bar e cafetaría
- Servizos de restaurante
- Recepción
- Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
-
Imaxe persoal:- Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
- Coidados estéticos de mans e pés
- Peiteado
-
Industrias alimentarias:- Repostaría
- Panadería e bolaría
- Pastelaría e confeitaría
-
Informática e comunicacións:- Sistemas microinformáticos
- Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
- Operacións de redes departamentais
- Operacións de sistemas informáticos
-
Instalación e mantemento:- Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
- Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
- Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
- Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
- Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
-
Madeira, moble e cortiza:- Mecanización de madeira e derivados
- Acabamento de carpintaría e moble
- Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
- Instalación de mobles
- Instalación de elementos de carpintaría
-
Química:- Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
- Ensaios físicos e fisicoquímicos
- Análise química
-
Sanidade:- Transporte sanitario
- Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
- Farmacia
-
Servizos socioculturais e á comunidade:-
Transporte e mantemento de vehículos:- Pintura de vehículos
- Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
- Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
- Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
- Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
- Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
- Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
Requisitos: - Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
· Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
· Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
· Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.
· Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III,nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.
· Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición.
Prazo: Dende o
11 de xaneiro ó 5 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos
Importante: é obrigatorio emprega-la
aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso.
ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160108/AnuncioG0164-281215-0002_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/acreditacion
OU CONTACTAR COA
ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
Descargas relacionadas