O Concello

Departamentos

* 125 ANIVERSARIO DO SERPENT 05/11/2015

125 ANIVERSARIO DO SERPENT

Neste ano celébrase o 125 aniversario do Cemiterio dos ingleses. No 1890 o afundimento do Serpent dálle o nome o lugar que hoxe coñecemos. 

Ante o mal estado no que se atoparon os corpos era habitual soterralos moi preto da costa e facelo nunha fosa común para ser rodeado de muros e a construción do cubículo interior. 

A axuda prestada do pobo de Camariñas en erguer o cemiterio e os coidados dos superviventes foi recompensado polo almirantazgo inglés. 

O mar vomitou os corpos dende a noite do naufraxio ata o nadal do mesmo ano, expulsando o mar sobre uns 145 corpos sobre o total de 176 tripulantes.

Este ano contamos ca presencia de Paul Lemkes, Agregado de Defensa da Embaixada Británica no acto que faremos o martes 10.

Temos dúas actuacións novedosas:

Noite de Naufraxios: Representación de catro escenas teatrais que lembran os náufragos do Serpent, City of Agra, Trinacria e os buzos dos barcos de Salvamento Marítimo de Camelle. 
A representación terá lugar no propio cemiterio dos Ingleses durante a noite. Cunha duración de 30 minutos.

Salvas: Espectáculo pirotécnico que consistirá no lanzamento de 21 salvas.

CALENDARIO

MARTES 10 ás 21:30

Actuación teatral "Noite dos naufraxios". 

Discurso de homenaxe. Falarán Rafael Lema (Delegado na Costa da Morte da RLNE), Juan Campos (escritor de Náufragos de antaño e membro da RLNE), Xosé María Lema (Historiador do Seminario de Estudos Comarcais), José Manuel Pato (Delegado en Galicia da Real Liga Nalva Española), Paul Lemkes (Agregado de Defensa da Embaixada Británica) e Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde do Concello de Camariñas)

Actuación musical do "Coro municipal de mulleres de Camariñas". 

Entrega floral.

SÁBADO 14 ás 21:00

Actuación teatral "Noite dos naufraxios".

Disparo de 21 salvas. 

Actuación musical do grupo de gaitas. Grupo pendente de confirmar

Ademais, durante toda a semana se proxectará no Faro Vilán o documental "Faros da Costa da Morte" (2010), dirixido e narrado por Manuel Vilar, de 16 minutos de dirección e subtitulado en castelán. Neste documental, con preciosas imaxes aéreas, dedícanse moitos minutos ao faro Vilán e mesmo se fai unha demostración gráfica de como se produciría ese foco luminoso por medio dun arco eléctrico entre dous carbóns.

Descargas relacionadas


© by Abertal