No DOG número 207 do 29 de outubro de 2015 publícase unha resolución do Servizo Galego de Saúde pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes da categoría de condutor/a nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es)
O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Logo de confirmado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Na inscrición farase constar expresamente a categoría á que se opta e p ámbito territorial de dispoñibilidade así como as declaracións que constan no modelo relacionadas cos requisitos de admisibilidade.
Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2015.
Os méritos computables serán os causados ata o 15 de novembro de 2015 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ao 30 de novembro de 2015, a/o aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nesta categoría.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151029/AnuncioG0003-211015-0001_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos?idcatgrupo=11029
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00