O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. TÉCNICO/A SUPERIOR EN RADIOTERAPIA 05/11/2015

LISTAS SERGAS. TÉCNICO/A SUPERIOR EN RADIOTERAPIA

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de novembro unha resolución pola que se acorda incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en radioterapia e se amplía o prazo de inscrición correspondente ao proceso de actualización de 2015.  

Debido a próxima posta en funcionamento das unidades de medicina nuclear e radioterapia do Hospital Lucus Augusti a dirección xeral do Servizo Galego de Saúde resolve incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en Radioterapia.  

Acórdase ampliar ata o 21 de novembro de 2015 o prazo de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico /a superior en Radioterapia, incluíndo a área sanitaria de Lugo.  

A inscrición formalizarase a través de Fides/expedient-e (www.sergas.es) e deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.  

Os méritos das persoas aspirantes que se terán en conta serán os causados ata o día 15 de outubro de 2015.  

As persoas que, antes do 16 de outubro de 2015, tivesen formalizado a súa inscrición nesta categoría e non desexen modificar as súas condicións de participación, non terán que realizar ningunha actuación.  

As persoas aspirantes que, antes do 16 de outubro de 2015, tivesen formalizado a súa inscrición nesta categoría e desexen modificar a área sanitaria de inscrición ou calquera outra condición de participación, poderán efectuar esta no prazo indicado a través de Fides/expedient-e (www.sergas.es)  

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151104/AnuncioG0003-291015-0002_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS Fides/expedient-e:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal