O Concello de Camariñas, coa colaboración de Grupo Soil e a asociación Ambientalista Amigos da Terra, aposta decididamente pola compostaxe e amplia o número de familias participantes. Serán así máis de 180 familias compostando os seus residuos orgánicos e nutrindo as súas hortas e xardins con compost ecolóxico.
Tras a boa experiencia iniciada hai xa un ano coas 25 primeiras familias de Camariñas, seguida dunha segunda fase a comezos de 2015, o Concello decide aumentar as participantes. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.
Para isto, o Concello repartirá de maneira gratuita, un composteiro a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso. Os veciños/as, contarán co asesoramento técnico persoalizado a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra. Todo isto será financiado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Os requisitos necesarios para poder participar neste proxecto son: Ser veciño/a do concello de Camariñas, habitar unha vivenda cun pequeño terreo, xardin ou horta ao lado e estar disposto a participar do proxecto.
Este venres, ás 20h da tarde, dará comezo a terceira fase do programa cunha xornada formativa na Casa de Pedra. Alí aprenderán os conceptos básicos para comezar a compostar e seranlles entregados os materiais do proxecto.
Ainda que o programa da comezo, a lista de participantes sigue aberta para os interesados. So teñen que chamar á casa de Pedra e apuntarse.
Con esta iniciativa o Concello de Camariñas evidencia a súa aposta decidida por unha alternativa económica, ecolóxica e sustentable para a xestión dos residuos neste Municipio.
Máis información:
María Durán, Técnica do proxecto de Amigos da Terra: 988374318// 671865839