O Concello

Departamentos

* Actividades nos colexios 29/10/2015

Actividades nos colexios

O Concello de Camariñas a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade e Promoción do encaixe, segue a traballar a favor da educación en valores e a igualdade de xénero .

Dende finais deste mes e ao longo do que queda de ano, vanse desenvolver un bo numero de actividades.

Vamos empezar co alumnado dos centros escolares, levando acabo distintos obradoiros e concursos.

O alumnado dos C.E.I.P.s de "O Areal" de Camariñas e "O Allo" de Ponte do Porto van participar nun obradoiro de educación en valores e outro de educación en igualdade, que darán comezo os días 27 e 28, para o centro da Ponte do Porto . Mentres que no centro de Camariñas realizaranse a partires do dia 3 de novembro.

O alumando do IES Pedra da Aguia, terán como tema de traballo a prevención en violencia de Xénero. Estes comezarán a traballar sobre este tema o dia 27 de outubro.

Todos os integrantes dos talleres poderán participar nun concurso de carteis sobre a prevención e loita en contra da violencia de xénero.


© by Abertal