O Concello de Camariñas, en colaboración coa rede de Comercio e co cofinanciamento da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e os fondos Feder da Unión Europea, está a desenvolver actividades de dinamización e mellora da competitividade das e dos praceiros do mercado municipal e dos comercios da rede local.
A finalidade destas actividades é acadar a dinamización e incentivación ao consumo na praza de abastos e nos comercios da rede do concello.
Neste programa desenvolveranse diferentes actuacións:
- O sábado 31 de outubro os clientes das empresas participantes serán agasallados con bolsas co eslogan da campaña e con vales para canxear por castañas asadas no tren de castañas asadas que estará situado de 10:00 a 14:00h no mercado de Camariñas.
- Nas próximas semanas a empresa MarQuid Consulting realizará sesións para mellorar a formación e capacitación das praceiras e empresas participantes mediante adestramentos individualizados e grupais dirixidos ao “mentoring” comercial e posta en practicas de técnicas de venda.
Máis información:
Axencia de desenvolvemento local de Camariñas.
T. 981 737 004 adl@camarinas.net