O Concello

Departamentos

* PRESTAMO DE CAMA ORTOPÉDICA PARA PERSOAS DEPENDENTES 20/10/2015

PRESTAMO DE CAMA ORTOPÉDICA PARA PERSOAS DEPENDENTES

O Concello de Camariñas abre o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo de cama ortopédica para os veciños que teñan recoñecida unha dependencia de grado III ou II e non se beneficien de ningún servizo ou axuda para persoas dependentes.  

Para formalizar a solicitude deberán presentar, no departamento de Servizos Sociais, a seguinte documentación:

Ø  DNI.
Ø  Resolución do grado de dependencia recoñecido.
Ø   Xustificante de ingresos persoais.  

Esta axuda concederase en función dos créditos dispoñibles, por iso non abondará con que o solicitante reúna os requisitos e condicións sinaladas senón que será necesario, ademais, que a súa solicitude poda ser atendida tendo en conta as dotacións presupostarías existentes. O criterio que se seguirá para a concesión ata esgotar a partida destinada a este fin será: puntuación do BVD, situación económica, non haberse beneficiado destas axudas anteriormente. Os beneficiarios deberan asinar un compromiso de devolución da cama articulada.  

O prazo remata o vindeiro día 10 de novembro de 2015  

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, situado na casa de pedra. Lembrámoslles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ó teléfono 981 73 70 04.  

Camariñas, 2 de outubro de 2015
A concelleira de servizos sociais,    
Sandra Insua Rial


© by Abertal