O Concello

Departamentos

* SEAGA. APERTURA DE LISTAS E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS 15/10/2015

SEAGA. APERTURA DE LISTAS E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga) publicou un anuncio no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 30 de setembro de 2015 no que fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e / ou incorporación de novos / as candidatos /as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal. 

Categorías abertas:

- Enxeñeiro / a de montes
- Enxeñeiro / a agrónomo / a
- Enxeñeiro / a técnico forestal
- Enxeñeiro / a técnica agrícola
- Enxeñeiro / a de camiños, canles e portos
- Enxeñeiro / a técnico de obras públicas
- Arquitecto / a
- Arquitecto / a técnico
- Capataz / a
- Xefe / a de brigada
- Maquinista – condutor / a
- Peón / a especialista
- Peón / a
- Oficial / a administrativo / a
- Auxiliar administrativo / a  


Presentación de renuncias e modificación de ámbitos e / ou perfís   

As persoas anotadas nalgunha lista previa que non desexen seguir formando parte da dita lista poderán presentar a súa renuncia. As persoas anotadas nalgunha lista previa que desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional poderán facelo tamén nesta convocatoria.

Prazo: Do 1 ó 30 de outubro (ambos inclusive)

Lugar de presentación: nas oficinas de rexistro de SEAGA ou nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o resgardo de correos  acreditativo do envío como a copia da solicitude ó proceso de selección).   

ENLACE Ó ANUNCIO DO DOG:   

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150930/AnuncioE3H1-230915-0001_gl.pdf  

MÁIS INFORMACIÓN:  
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php   

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    
981737004 / 653260746   

mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal