A Consellería de Traballo e Benestar na Orde do 31 de agosto de 2015, pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2015, procede á apertura dunha nova convocatoria, sen prexuízo de que sexan tidas en conta e resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita Orde do 30 de decembro de 2014.
Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2-1-2012 e o 1-1-2015, inclusive) e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.
Contía: cando sexa a primeira filla/o: 360 €; cando sexa a segunda filla/o: 1200 €; cando sexa a terceira filla/o e sucesivos: 2.400 €.
Requisitos
- Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.
Documentación:
- A Solicitude no modelo oficial que figura como Anexo I
- O Anexo II, cuberto e asinado polo outro proxenitor (parella ou cónxuxe do solicitante).
- Copia do todas as follas do libro de familia.
- Número da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
- Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e, do convenio regulador ratificado polo xulgado, se é o caso.
- Volante de empadroamento colectivo expedido polo Concello (este volante é gratuíto). Para Familias monoparentais, non vale volante, e necesario un certificado de empadroamento colectivo.
Prazo: 7 de outubro de 2015.
Para máis información nos Servizos Sociais ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.