O Concello

Departamentos

* Axudas para a adquisición de material escolar 01/09/2015

Axudas para a adquisición de material escolar

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

convoca axudas para a adquisición de material escolar, de 50 € por alumno/a, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Requisitos

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2013, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración.

Solicitudes e documentación

1. Os formularios de solicitude poderán obterse na guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

2. Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno, presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:

a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.

d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013: Certificado emitido polo órgano competente,resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

3. Os centros docentes prestarán asesoramento ás persoas interesadas para que cubran as solicitudes de xeito correcto en todas as súas epígrafes e acheguen a documentación requirida por esta orde.  

Lugar e prazo de presentación de solicitudes  

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) .

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Mais información :
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html
ou chamando a 981737004 .
Ali Trillo (educadora familiar).


© by Abertal