Neste mes de setembro a aula CeMIT do Concello de Camariñas organiza unha serie de cursos de informática dentro do módulo "Formación dixital básica".
Neste primeiro módulo o obxectivo será iniciarse no mundo das TICs. Os colectivos prioritarios serán as persoas maiores, desempregados, os empresarios camariñáns e todos aqueles colectivos que por algún motivo estén excluídos das TIC.
A aula CeMIT de Camariñas está dentro da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia.