Programa para coñecer, valorar e promover a comercialización dos productos das nosas rías e mar. Consiste en visita gratuita para grupos de persoas interesadas, preferentemente de concellos do interior, a portos da comunidade galega.
O programa desta xornada gratuíta incluirá visita ao porto, lonza, localidade, xantardegustacion e entrega de obsequio.
Para participar ten que ser maiores de idade e grupos de ata 50 persoas. As visitas serán de luns a venres de mañá ou tarde. Poden organizarse por asociacións ou inscribirse no correo electrónico Info@marachega.org ou fax 981546290.
Prazo: 30 de abril de 2011
Máis información: Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas. Tfn: 981737004